Vaya al Contenido

Menu Principal

A EMPRESA

A nosa empresa é unha sociedade nacida o 28 de Decembro de 1984 na localidade de Santa Comba, feito que significou a aposta da segunda xeración familiar por a continuidade e modernización dunha empresa que nesos momentos xa contaba con máis de 40 anos de historia e que fora creada por D. Antonio Landeira Landeira, quen en 1945 puxo a funcionar a primeira planta productora e embotelladora completamente manual de bebidas gaseosas.

Na actualidade, Carbónicas Landeira S.A. xa conta nas súas filas coa incorporación efectiva da terceira xeración familiar, quenes asumen as áreas de producción e comercialización. As instalacións productivas e embotelladoras ocupan unha superficie de máis de 3000 metros cadrados con dúas liñas independentes de envasado, vidrio e pet. e capacidade para máis de 10.000 botellas hora. As áreas de negocio actuais conformanas, por un lado a producción e embotellado de bebidas refrescantes, contando con marca propia (SPLITY) e autorización para marcas nacionais (PITUSA, ZAR, CORAL) e por outro lado un canal de distribución propio na zona noroeste da provincia de A Coruña.

 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal